Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Instituto Ourensán de Desnvolvemento Económico (INORDE) para continuar coa execuión de determinadas actividades de conservación “EX SITU” dos recursos zooxenéticos autóctonos das razas OVELLA GALEGA, CABRA GALEGA E PORCO CELTA, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2014 – 2020.
Obrigas de INORDE
Toda a información relativa ao convenio, estará dispoñible nunha web na que se respectará a publicidade FEADER.
- Relativas á conservación ex situ.
- Mantemento de exemplares ex situ nas axeitadas condicións de nutrición, hixiénicas e sanitarias:
- Un rabaño da raza Ovella Galega. Conformarase con polo menos 8 grupos reprodutivos de 1 macho e 7 femias.
- Un rabaño da raza Porco Celta. Conformado por 8 grupos reprodutivos de 1 macho e 2 femias.
- Un rabaño da raza Cabra Galega. Formado polo menos por 4 grupos reprodutivos de 1 macho e 4 femias.
Todos os rabaños serán aloxados nas instalacións pecuarias que o Instituto posúe na finca de Armariz, Nogueira de Ramuín.
- Aplicar un programa de reprodución específico para cada especie e multiplicar o número de animais en cada un.
- Xestionar o reparto dos animais excedentes, segundo os criterios previamente establecidos, entre os gandeiros solicitantes de exemplares destas razas.
- Facilitar apoio ás asociacións de criadores das razas no mantemento ou creación dos bancos de xermoplasma.
Ademais, o INORDE:
- Porá a disposición do Convenio un técnico veterinario con amplos coñecementos do sector e das razas.
6. Aportará o persoal administrativo necesario así como os operarios encargados do manexo dos animais.
PITA DE MOS
Finca de Valverde – Allariz
CABRA GALEGA
Finca de Armariz – Nogueira de Ramuín
PORCO CELTA
Finca de Armariz – Nogueira de Ramuín
OVELLA GALEGA
Finca de Armariz – Nogueira de Ramuín