Recollida de pataca no campo de ensaios que o INORDE mantén en colaboración coa empresa de semente de pataca AGRICO-HIJOS DE MATUTANO.


Procedemos na presente semana a recoller o campo de ensaios que o INORDE mantén en colaboración coa empresa de semente de pataca AGRICO-HIJOS DE MATUTANO.

En dito campo plántanse 18 variedades de pataca destinadas a fornecer o mercado do frito industrial (patacas fritas chips).

O deseño de este mesmo campo de ensaio, ademais de en Ourense, repítese tanto en Castela León coma en Holanda, Bélxica e Francia.

A inclusión do INORDE nesta rede internacional de ensaios permitirá que os agricultores da provincia conten nun futuro próximo con variedades de pataca para frito máis adaptadas ás condicións agroclimáticas da provincia de Ourense.

Durante a recolección, e coa idea de que os datos obtidos fosen totalmente obxectivos estivo presente o responsable de desenvolvemento de producto de Agrico para España Juanjo Santamaría.