SEGUNDA REUNIÓN DO GRUPO DE PARTES INTERESADAS DO PROXECTO “KEEP ON” EN SAN PEDRO DE ROCAS


O mosteiro de San Pedro de Rocas foi o enclave elixido novamente polo  INORDE para a reunión do grupo de partes interesadas  do Proxecto Europeo “ KEEP  ON” co obxectivo de recoller as achegas do Grupo e a planificación do Plan de Acción para mellorar as políticas públicas en materia de patrimonio cultural, para desenvolver proxectos de alta calidade que permitan resultados sustentables coa utilización razoable de fondos públicos e, que teñan un impacto dentro do desenvolvemento rexional.
Este proxecto de cooperación interterritorial, que ten como xefe de fila ao INORDE, ten como socios a entidades de Polonia, Grecia, Holanda, Portugal, Italia e Croacia e enmárcase dentro do programa INTERREG Europa (FEDER). Conta cun orzamento total de 1.3670.543 euros, dos cales o INORDE achega 316.840 euros e ten unha duración de cinco anos de execución e seguimento.
O Obxectivo xeral  do proxecto “ KEEP  ON” é aumentar a efectividade das políticas públicas para proxectos duradeiros e sustentables no sector do patrimonio cultural, tanto nas rexións que participan no proxecto, como noutros territorios da Unión Europea.
Os eixos estratéxicos nos que se basean as actividades do proxecto son: a xestión e coordinación do proxecto con reunións de traballo periódicas cos socios; o intercambio de experiencias con accións en todos os países; a organización de mesas temáticas e sesións de formación  interregional e, a comunicación global do proxecto que ten como obxectivos a difusión  e publicidade dos obxectivos logrados conxuntamente.
Na reunión de hoxe, estiveron representadas a maioría das Entidades que conforman o Grupo participando activamente nun frutífero debate sobre o patrimonio cultural, estado de situación do proxecto, presentación do instrumento de política elixido polo INORDE  e, as posibles propostas a incluír, ademais das actividades con participación dos grupos de partes interesadas.

Os integrantes do grupo de  Stakeholders presentes na reunión co INORDE foron:
• Autoridades do POCTEP: Subdirección Xeral de Cooperación Territorial Europea.
• Xunta de Galicia: Membros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e  Vivenda, da  Axencia de Turismo de Galicia en Ourense,  Xefatura Territorial de Cultura e Turismo e da Dirección  Xeral de Políticas  Culturais.
• Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo.
• Grupos de Acción Local ( GDR)  da provincia de Ourense: Asociación Carballiño-O Ribeiro ( GDR-12); Asociación  Monteval ( GDR-10); Grupo de  Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia ( GDR-10); Grupo de  Desenvolvemento Rural  ADERCOU ( GDR-11).