Visita a finca de Ensaios Antela da empresa Gallega de Patatas.


Onte día luns día 3 de agosto a empresa Gallega de Patatas con domicilio en Xinzo de Limia realizou unhas xornadas técnicas formativas destinadas ós seus productores de pataca acollida a IXP Pataca de Galicia.

Como parte práctica de ditas xornadas os asistentes realizaron unha visita a finca de Ensaios Antela, na que o INORDE desenvolve os seus ensaios centrados en cultivos extensivos (pataca e cereal).
Os asistentes, acompañados de Fernando Alonso Arce, Director do Centro de Control de Patata de Siembra de Burgos (relator nas xornadas) amosaron sobre todo o seu interese sobre o campo de variedades comerciales de pataca realizado polo Inorde (en colaboración con Germicopa, Agrico, Pep Sur,  Meijer, Comité Nord e a IXP pataca de Galicia) e sobre os ensaios cos que o INORDE pretende establecer estratexias de fertilización respectuosas co medio natural.