Visita da xerente do Inorde ao stand da provincia de Ourense en Expocidades


A xerente do Inorde, Emma González, visitou hoxe a caseta que a Deputación de Ourense ten en Expocidades, como socia do Eixo Atlántico, para promocionar os recursos turísticos da provincia neste mercado de proximidade.

Na visita a Expocidades, na Praza de Armas de Ferrol, tamén visitou as casetas da cidade de Ourense, O Carballiño e O Barco de Valdeorras, localidades socias do Eixo que tamén participan con degustacións de pulpo e catas de viños de Valdeorras.

Mañá domingo, 15 de maio, último día para achegarte ata o stand de #Ourense e descubrir a oferta enogastronómica, patrimonial, termal e natural da nosa provincia xenuina. Xeodestinos, programa de Termalismo social da Deputación de Ourense, Camiño de Inverno, a Vía da Prata e moito máis están a esperarte na caseta de Ourense.