Visita de Rosendo Fernández e da nova xerente do INORDE Emma González ás instalacións do Centro Agrogandeiro – Inorde de Xinzo.


Hoxe, con motivo da incorporación de Emma González como nova xerente do Inorde  acompañou a Rosendo Fernández presidente de dito organismo ao  Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro-INORDE en Xinzo de Limia, para coñecer as súas instalacións e os servizos que presta. Salientar que este centro é o único laboratorio en España recoñecido pola Enac para detectar globodera en terras adicadas ao cultivo da pataca.