Xornada en liña “Ferramentas de Apoio Empresarial para economía circular LABS”


A Fundación Patrimonio Natural de Castela e León, xunto co resto de socios do proxecto INTERREG POCTEP CIRCULAR LABS, convídanlles a participar o vindeiro mércores 9 de decembro na xornada en liña sobre ferramentas de apoio para a implantación da economía circular pola empresa, en horario de 18:00 a 20:00 horas.

En dita xornada, presentarase a plataforma MarketPlace Circular Labs, a primeira comunidade virtual do Noroeste da Península Ibérica para dar visibilidade a produtos, servizos e modelos de negocio innovadores en economía circular. Trátase de dar a coñecer Boas Prácticas e casos de éxito de economía circular desenvolvidas por empresas e emprendedores en Castela e León, Galicia e Norte de Portugal.

Tamén pretende crear unha comunidade virtual de innovadores, emprendedores e empresas que queiran acelerar a transición cara a unha economía circular e poidan compartir as súas ideas, proxectos ou buscar socios para desenvolvelos en cooperación con outras entidades.

A xornada completarase coa presentación do proxecto Circular Labs e da ferramenta de autoavaliación sobre economía circular creada no marco do proxecto. Ademais, acompañaranos D. José Antonio Idoeta Madariaga, Xerente da empresa Soltra e vogal da Xunta Directiva do Círculo Empresarial Leonés e contaremos cun relatorio sobre un caso de éxito de aplicación na empresa da economía circular por parte de Dr. Santiago Cuesta, Director Xeral de ICAMCYL.

PROGRAMA

INSCRIPCIÓN