O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro publica os resultados dun ensaio encamiñado a optimizar a fertilización fosfórica no cultivo da pataca

O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro acaba de subir á páxina web do INORDE os resultados correspondentes o ano 2020 dun ensaio encamiñado a optimizar a fertilización fosfórica no cultivo da pataca.

O obxectivo de dita experiencia centrouse na determinación da dose óptima a engadir de fósforo para acadar unha producción rendible no cultivo da pataca, pero sin que por isto se perxudique o medio natural.

O fósforo é considerado un dos macroelementos esenciais no correcto desenvolvemento das plantas pero tamén presenta o inconvinte de ser un dos causantes da eutrofización das augas e por tanto o seu uso debe ser extremadamente coidadoso.

Os resultados obtidos polo Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro na pasada campaña permitirán establecer unha operativa de fertilización que permita acadar unha boa rendibilidade nas explotacions patateiras pero que ademáis aseguren unha reducción do fósforo residual retido no terreo, reducindo así o risco de lixiviación.

Sen prexuizo do anterior hai que remarcar que como todos os ensaios de campo, os resultados vinculados só a un ano non se deben considerar representativos polo que se repetirá a experiencia en sucesivas campañas.

O mantemento das experiencias nas fincas de ensaio non son máis que outra proba do compromiso medioambiental asumido polo INORDE en relación co sector primario, compromiso iniciado coa labor realizada polo organismo no marco do proxecto LIFE REGENERA LIMIA e mantido en proxectos aínda vixentes coma o SOILDIVER AGRO.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email