O Inorde volve a participar en Xantar con “Ourense Enogastronómica” para promocionar a calidade agroalimentaria da provincia

O presidente do #Inorde, Rosendo Luis Fernandez Fernandez, participou hoxe en Madrid, na presentación do 23º Salón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR, que se celebrará en Expourense do 9 ao 13 de novembro, unha edición marcada polo Ano Santo Xacobeo e a Alta Velocidade.

O Inorde volve a participar en Xantar con “Ourense Enogastronómica” para promocionar a calidade agroalimentaria da provincia, aproveitando “o escaparate idóneo que se nos brinda nesta feira internacional única especializada en turismo gastronómico de España”, dixo Rosendo Fernández. 

Nesta edición, ao ser o “Xantar do Camiño e da Alta Velocidade” “consideramos que era a ocasión perfecta para propoñer un menú tematizado ao Camiño de Santiago. Por elo, baixo o título “Camiños Enougstronómicos”, deseñamos un menú tendo en conta os produtos da tempada de outono, e que será o seguinte: 

Tabla de xamón selecta Coren.

Empanada de polo de corral e champiñóns.

Botóns de boletus estofados.

Crema de cocido con virutas de lacón, cachucha e chourizo.

E, a escoller, poden elexir entre cabrito asado con patacas panadeira da Limia ou Presa de porco selecta Coren ao godello con castañas Cuevas, calabacín e cenoria.

Torradas de bica con salsa fina de castañas Cuevas.

Viños brancos e tintos adscritos ás Denominacións de Orixe dos Camiños pola provincia de #Ourense.

Pan de Cea.

O menú será elaborado polo chef Carlos Parra, cociñeiro especializado en gastronomía de interior, que conta cunha longa traxectoria nos fogóns ourensáns e que, ademais, é colaborador de programas de cociña da TVG.

Por último – dixo Rosendo Fernández-, “queremos aproveitar co proxecto europeo transfronterizo do que somos socios “Caminos Jacobeos del Oeste Peninsular” para impulsar os productos locais polos que atravesa o camiño que forman parte dñ menú, ademais dos produtos propios desta tempada. Ademais, estarán en Xantar socios do proxecto  como Badaxoz e Zamora”.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email