O presidente do Inorde participa na xornada de peche da I edición do programa de Sostibilidade no sector agroalimentario

O presidente do Inorde e vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, inaugurou xunto á presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, Marisol Nóvoa, a xornada “Sostibilidade: unha oportunidade para empresas e profesionais” que pechará a I Edición do Programa de Sostibilidade no sector agroalimentario, desenrolado pola CEO, coa colaboración da Deputación de Ourense, o Inorde e CEOE Campus.

Este evento, que se celebrou na CEO, pecha a primeira edición dun programa pioneiro para o impulso da sostibilidade en empresas do sector agroalimentario que contou coa participación de 17 profesionais de empresas deste sector da provincia.

Esta xornada, baixo o título “Sustentabilidade: unha oportunidade para empresas e profesionais”, albergou experiencias e prácticas adquiridas nesta materia a cargo de empresas, profesionais e axentes facilitadores. Ademais, a experta en sustentabilidade, Leticia Álvarez, amosou aos asistentes as claves para construír unha estratexia que se adapte ás pequenas empresas e desde a base.

Na xornada, analizáronse as principais ferramentas que axudarán ás empresas nese proceso, con recomendacións para confeccionar a folla de ruta como base para o informe de sustentabilidade e exemplos prácticos inspiradores para iniciar ou avanzar no camiño cara a sustentabilidade, un reto que pode supoñer unha oportunidade para incrementar a rendibilidade das empresas.

Neste sentido, Rosendo Fernández dixo que desde o goberno provincial “queremos destacar a importancia que ten desenvolver este tipo de accións formativas que apoien a un sector clave no desenvolvemento social e económico da nosa provincia, dotándoos de coñecemento e ferramentas que as axuden nesa transformación cara a sostibilidade que esixe a situación actual”. Así mesmo, lembrou que este tipo de iniciativas “encaixan á perfección coa folla de ruta da xestión do Inorde e coa nosa filosofía, de traballar no fomento de optar cada vez máis por modelos de economía circular, como así temos demostrado”. Mostra desa aposta pola circularidade, o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde, situado en Xinzo de Limia, conta cun laboratorio rural a disposición dos pequenos produtores da provincia para que poidan innovar e crear novos produtos aproveitando as novas tecnoloxías.

Por último, Rosendo Fernández feliticou aos 17 profesionais participantes nesta I edición, por mostrar o interese cara un modelo de negocio máis circular, “o que demostra, que o empresariado ourensá está interesado e aberto a novas propostas que sexan máis respectuosas co medio ambiente”, afirmou o presidente do Inorde, quen animou a que novos profesionais “participen neste tipo de sesións na que poderán coñecer exemplos de boas prácticas e dotarse de coñecementos que lles permita aplicalos no seu día a día”.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email