Quen Somos

O Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico – INORDE, é un organismo autónomo local de carácter administrativo, dependente da Deputación Provincial de Ourense, creado en 1987.

O seu obxectivo é o desenvolvemento económico da provincia de Ourense, tendo en conta aspectos ambientais e sociais que contribúan ao desenvolvemento sostible de toda a provincia.

INORDE desenvolve as seguintes actividades

– Proxectos da UE: dende a súa creación o INORDE participa activamente en programas e actuacións da UE, a utilización dos fondos estructurais para a realización de proxectos estratéxicos en Ourense, cooperación internacional, interrexional e transfronteiriza cos Estados membros para o intercambio de experiencias.

– INORDE ten sido xefe de fila e socio en 35 proxectos europeos levados a cabo nos programas INTERREG III A (cooperación transfronteiriza) en INTERREG III B (cooperación transnacional) no período 2002-2007. Os proxectos estaban relacionados coa xestión do medio ambiente, o turismo, o patrimonio cultural e a paisaxe.

– Do período 2007-2013 o INORDE xestionou como Xefe de Fila 4 proxectos de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, ademáis de ser socio dun proxecto do programa INTERREG IVC.

– Na actualidade estanse a xestionar 4 proxectos dos programas INTEREG V A, INTERREG EUROPA e LIFE, e iniciando 3 proxectos plurirexionais de Cooperación Transfronteiriza.

– Xestión das actividades turísticas. INORDE propiciou a creación dunha marca propia da Provincia e a ordenación da oferta turística da mesma, dispoñendo de instrumento para a súa comercialización como páxina web (www.turismourense.com), feiras, eventos deportivos e actividades que resultan tan necesarias como complementarias da oferta dos establecementos turísticos.

– Apoio ao sector agrícola, gandeiro e forestal realizando formación, asesoramento e investigación no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia, que dispón dun laboratorio acreditado pola ENAC para análise de solos e o único acreditado en España para o nematodo da pataca, en colaboración cos principais institutos de Estados membros da UE.

– INORDE xestionou proxectos dirixidos a aportar coñecementos para o desenvolvemento de novos produtos como os denominados ecolóxicos, e a poñer en valor produtos autónomos, introducindo modelos de producción, almacenamento e distribución máis eficientes.

– Programas de recuperación de Razas Autóctonas: O INORDE é propietario dos rabaños fundacionais, co obxectivo de garantir a preservación dos últimos exemplares de cada raza e conseguir a multiplicación destes rabaños con garantía sanitaria co fin de distribuílos aos gandeiros, hoxe considerados como os principais reservoiros das debanditas razas en toda a CCAA galega (porco celta, ovella galega, cabra galega e pita de Mos).

– Cooperación con Conferacións de Empresarios, Cámaras de Comercio, Asociacións provinciais de Empresarios e Universidades, nas actividades que promoven para impulsar o desenvolvemento económico da provincia.

– Dinamización empresarial: apoio a emprendedores e empresarios, promoción das iniciativas empresariais locais; deseño e coordinación de misións comerciais; busca e captación de proxectos empresariais para a provincia de Ourense.

– Realización de estudos e análise. Observatorio Económico Ourensán.

– Cooperación coas empresas de Ourense para a promoción dos produtos locais.

INORDE forma parte do Consello de Administración e da Xunta Xeral de Accionistas do Parque Tecnolóxico de Galicia.