A xerente do Inorde asiste á XXVII edición da Festa da Anguía de Castrelo de Miño


A xerente do Inorde, Emma González, participou hoxe na inauguración da XXVII edición Festa da Anguía, en Castrelo de Miño, no campo da festa de Barral, que se prolongará ata o 6 de agosto.

Un festexo que conxugará as anguías con viños colleitados en Castrelo de Miño e que están amparados baixo a Denominación de Orixe do Ribeiro.

A comisión veciñal da parroquia de Barral, encargada dos festexos na honra da súa patroa, ofrecerá durante os tres días degustacións deste produto senlleiro das zonas de río, que serán amenizadas con música en directo a cargo de diferentes grupos e orquestras. 

Comeza así un fin de semana completo e variado de celebracións gastronómicas por toda a provincia de Ourense.