SECCIÓNS
Investigación e xenética:
– Tipificación e estudo de soutos.
– Conservación e mellora xenética de variedades de castaña e castiñeiro.
– Creación dun banco de germoplasma.
– Manexo das leiras de 264,03 Ha. de ensaio de castaña creadas no proxecto “castaña, cogomelo e oliveira”, con aproximadamente 38.000 castiñeiros, dos cales ao redor de 15.000 microrrizados.
– Manexo das leiras de 6 Ha. de ensaio de oliveira creadas no proxecto “castaña,cogomelo e oliveira”, con 1.200 oliveiras.
– Estudos de incidencia e formas de control de tinta e chancro en castiñeiro.
Análise:
– De castaña, encamiñados tanto a definir a calidade das castañas, como a establecer unha clasificación varietal das mesmas.
– Fitopatológicos centrados na castaña e outros cultivos forestais.
– Aptitude de partidas de castaña para distintos usos.
– Estado do chan dos soutos.
– Determinación de problemas nutricionais de castiñeiros.
Asesoría técnica:
– Recomendacións de abonado e coidado de plantacións forestais, centrado principalmente en castiñeiro.
– Recomendación de manexo de pragas e enfermidades en plantacións forestais.
– Estratexias de control de patógenos.
– Constitución e xestión de asociacións forestais.
– Asesoría en novas plantacións, material vexetal, chan, labores, etc.
LOCALIZACIÓN
Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós
Camiño dá Piscina Municipal s/n 32610 – Riós Ourense – Galicia
Tl. +34 988 425032