Rosendo Fernández destaca o compromiso “firme” do goberno provincial a prol do turismo deportivo, na inauguración de Sportur 2022


O presidente do Inorde e vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández participou hoxe na inauguración do V Salón do Deporte e Turismo Activo (Sportur Galicia) e III Congreso Internacional de Turismo Deportivo, que se celebra hoxe e mañá 25 de novembro en Expourense, reunindo a 50 expositores e cun programa con máis de 70 actividades entre exhibicións e adestramentos.

Na súa intervención, Rosendo Fernández asegurou “na folla de ruta da xestión do goberno provincial a promoción do deporte, tanto de primeiro nivel como  base, é un eixo de actuación fundamental, porque debemos aproveitar todas as potencialidades de Ourense coma un gran ecosistema deportivo, con capacidade para acoller competicións de primeiro nivel de calquera deporte”.

Proba deste “firme compromiso” amosouse este pasado verano acollendo en Castrelo de Miño, “no parque náutico de Galicia a Coupe de la Jeunesse 2022. Unha cita convertida xa na primeira competición de remo internacional das moitas que acollerá Ourense no futuro, que supuxo unha repercusión económica, turística e de imaxe para o noso territorio incalculable, pois nela déronse cita máis de 400 deportistas e máis de 120 embarcacións procedentes de 16 países. E, Ourense, unha vez máis, deu boa conta da súa capacidade organizativa”, lembrou o vicepresidente da Deputación de Ourense.

Precisamente, o deporte náutico é “un pulo de atracción importante para o noso territorio xa que numerosas seleccións europeas, escollen, ano tras ano, o CERLAC para adestrar na “nosa lámina de auga” para competicións de de primeiro nivel”, engadiu Roosendo Fernández, quen paso desta disciplina ao cicloturismo pois “o noso territorio préstase, coas súas innumerables estradas secundarias, para acoller esta disciplina deportiva”.

Por elo, desde o Inorde “mantemos unha alianza estratéxica e firme coa Axencia de Turismo de Galicia para dinamizar o territorio a través do turismo deportivo, unha colaboración entre institucións fundamental xa que nos permitiu desenvolver probas de diferentes disciplinas deportivas que contribúen ao desenvolvemento social e económico dos territorios que as acollen”, afirmou Rosendo Fernández. 

En resumo, para o presidente do Inorde os tres recursos que serán protagonistas estes dous días en Expourense: turismo, deporte e saúde, “son conceptos indisolubles para o goberno provincial ao considerar que que deben ir da man, e máis nunha provincia como a nosa que reúne as condicións óptimas para ser sede de probas de primeiro nivel e porque existe unha aposta decidida da Deputación de Ourense de continuar impulsando ese ecosistema deportivo que nos converte nun destino de referencia para moitas disciplinas”, asegurou o vicepresidente da Deputación de Ourense.