Un espazo de encontro entre empresas, institucións e talento novo, no que seguir construíndo pontes cara ao emprego e reforzando o vínculo entre formación e mercado laboral.
A feira de emprego EmpregoInCampus é unha oportunidade para coñecer de primeira man as necesidades de talento de máis de 100 organizacións de diversos sectores e para conectar directamente cos recrutadores. Esta información é de interese xeral para todos os estudantes, pero especialmente para os titulados recentes.


