A dirección do polígono de San Cibrao visita o Inorde

O presidente e a xerente da Asociación Empresarial do Polígono de San Cibrao das Viñas, José Antonio Rodríguez e Yolanda Gómez, visitaron hoxe o Inorde para presentarlle de primeira man ao presidente e á xerente, Rosendo Fernández e Emma González, a súa reivindicación de que a estación ferroviaria de mercancías se sitúe neste polígono industrial.  O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xa anticipou o pasado 9 de marzo durante unha reunión coa Asociación mantida no Pazo Provincial o apoio firme da Deputación e do Inorde a esta iniciativa.

As reivindicacións, levadas a cabo por parte dos polígonos industriais de San Cibrao, Pereiro de Aguiar e Barreiros e da CEO a prol desta infraestrutura ferroviaria, pretenden que se concentren nela o tráfico de mercancías que agora se reparte entre esta área industrial, a estación de Taboadela e a estación Ourense-Empalme. 

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email