TRENS TURÍSTICOS: A provincia de Ourense acolle 5 das 11 rutas dos trens turísticos de Galicia

A nova edición da campaña de trens turísticos impulsada por Turismo de Galicia, Inorde e Renfe, ofrece 11 itinerarios dos que 5 percorren a xeografía da provincia de Ourense. Como novidade deste ano, incorpórase a ruta ‘Ourense termal e de compras’, que combina o turismo polo casco histórico da cidade das Burgas, as Termas de Outariz e tempo libre para realizar compras opcionais pola cidade. En total ofreceranse 11 itinerarios, cinco deles pola provincia ourensá, que estarán en funcionamento durante os meses de xuño a outubro coa intención de fomentar un turismo de calidade e sustentable.  Estes trens turísticos estanse a consolidar como un dos produtos turísticos máis exitosos do verán galego, e que este ano tamén se estenderán ao mes de outubro. O ano pasado a ocupación media superou o 80% de xuño a setembro, recibindo viaxeiros de 19 nacionalidades diferentes. Cómpre subliñar que a ruta que percorre a Ribeira Sacra foi a máis demandada e aceptada acadando o 100 por 100 de ocupación.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email