A provincia de Ourense participa en Cultourfair 2022 para promover o Turismo de Reunións

A provincia de Ourense, a través do Inorde, continúa a dar pasos para promover o turismo denominado MICE (siglas en inglés para denominar ao Turismo de Reunións, Incentivos, Convencións e Exposicións) por elo, participou, por primeira vez, no foro Cultourfair 2022. A 9ª edición deste foro, a única feira B2B destinada exclusivamente á industria do turismo cultural, celebrouse do 2 ao 4 de outubro no emblemático Hotel Princesa Plaza, no marco de “Madrid 2022, Capitalidad Iberoamericana de la Cultura Gastronómica”.

O Inorde, concertou 27 citas con potenciais compradores de empresas de alto nivel para presentarlles a oferta de turismo de reunións da provincia, exhibindo un catálogo cos espazos senlleiros tales coma mosteiros, pazos, adegas ou fincas rústicas entre outros, que foi moi ben valorado entre os asistentes a este encontro de carácter internacional.

Esta actuación forma parte da estratexia de posicionamento do destino asociada á chegada da Alta Velocidade, xa que se considera que un dos segmentos que maior potencialidade de crecemento ten é o de turismo de congresos e reunións, ademais de ser o perfil de turista que maior desembolso realiza.

Cultourfair 2022 

Nesta cita obrigada para o turismo cultural de alto nivel, reuníronse máis de 50 compradores internacionais especializados procedentes de empresas organizadoras de viaxes, axencias de incentivos, DMC’s (Compañías de Xestión en Destino) e máis de 50 expositores de 21 países diferentes.                                         

O programa do evento ofreceu unha axenda con citas preestablecidas con compradores previamente seleccionados. Todos eles, directivos de tour operadores e axencias especializadas en turismo cultural viaxes de luxo, eventos, “city-breaks”, patrimonio, gastronomía, enolóxico, folclore, concertos, relixioso, etc.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email