A provincia de Ourense preséntase como destino MICE no Congreso OPC.

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, continúa a presentar a provincia de Ourense como destino MICE en foros profesionais de turismo de congresos, aproveitando a conectividade que ofrece Ourense coa capital a través da Alta Velocidade.A xerente do Inorde, Emma González presentou hoxe a provincia de Ourense como destino MICE de 🚄“Alta Velocidade” no marco do 36 Congreso Nacional de Organizadores Profesionales de Congresos que se está a celebrar estes días en A Coruña.Déronse cita máis de 300 profesionais de toda España que traballan no sector MICE que mobilizou 13.000 millóns de euros e 10,4 millóns de viaxeiros en España no ano 2023.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email