A provincia de Ourense promociónase en BioCultura

A Deputación de Ourense, a través do Inorde co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, está a participar nesta feira cun stand no que participan nove microempresas ou emprendedores de produtos ecolóxicos e ecoturísticos que operan nos concellos que integran os xeodestinos “Trevinca-Valdeorras” e “Terras de Celanova-Serra do Xurés”, xestionados polo Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe na inauguración deste evento no que “as pequenas empresas ourensás, que desenvolven o seu traballo nestes sectores produtivos, terán a oportunidade de promocionar os seus produtos nesta feira de referencia no turismo sostible de España”

A Coruña, 1 de marzo de 2024.- A provincia de Ourense está a promocionarse novamente da man da Deputación, a través do Inorde co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, na 5ª edición de BioCultura, con nove microempresas ou emprendedores de produtos ecolóxicos e ecoturísticos que operan nalgún dos concellos que integran os xeodestinos “Trevinca-Valdeorras” e “Terras de Celanova-Serra do Xurés” que xestiona o Inorde.

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe na inauguración deste evento no que “as pequenas empresas ourensás, que desenvolven o seu traballo nestes sectores produtivos, terán a oportunidade de promocionar os seus produtos nesta feira de referencia no turismo sostible de España”, explicou Rosendo Fernández.

Nesta ocasión, están no stand da provincia de Ourense promocionando os seus produtos ao longo destes tres días: Adegas Docampo-Gacio (Rubiá), Agrupación Apícola (Barbadás), aloxamento A Pontevella (Carballeda de Valdeorras), Bioca (Petín), Eco dos Teixos (Carballeda de Valdeorras), Quinta Equs (Lobios), Terras Altas de Trevinca (A Veiga), Wildhologram e Xesta Brava (Ramirás).

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email