A vicepresidenta primeira da Deputación recibe a unha delegación do goberno provincial chinés de Qinghai

Ourense, 14 de novembro de 2023.- A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu esta tarde a unha delegación do goberno provincial de Qinghai (China). Esta delegación, que visita o noso país precisamente neste ano que se cumpre o 40 aniversario do establecemento de relacións diplomáticas entre a República Popular China e o Reino de España, organizou un encontro de intercambio institucional co goberno provincial ourensá. 

A delegación chinesa estaba encabezada polo vicegobernador, Liu Chao, acompañado polo deputado e secretario xeral, así como polos responsables de ciencia e tecnoloxía, industria, finanzas e relacións exteriores.

No encontro institucional tamén participaron, ademais da vicepresidenta primeira da Deputación e a xerente do Inorde, en representación de diversas institucións da provincia, a presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, Marisol Nóvoa, ademais de representantes da Universidade de Vigo e do Parque Tecnolóxico de Galicia.

As principais industrias da rexión de Qinghai están dedicadas á extracción de gas natural e petróleo. Na zona hai máis de 30 lagos salgados que producen máis de 70.000 millóns de toneladas de sal ao ano. Fronte á agricultura, pouco desenvolvida, máis do 50 % do territorio da provincia está dedicado a pastos para gandaría. Son tamén unha potencia en produción de enerxías verdes, especialmente da hidroeléctrica e solar.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email