A xerente do Inorde, Emma González, participou hoxe, vía telemática, na última reunión do Comité Asesor de Ourense Vinis Terrae

A xerente do Inorde, Emma González, participou hoxe, vía telemática, na última reunión do Comité Asesor de Ourense Vinis Terrae, Salón del Vino y Licores Gallegos de Calidad novena edición deste Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade que terá lugar os días 14 e 15 de xuño.

Nesta edición, o Inorde dará un paso máis na súa colaboración con este evento e organiza dentro da súa programación unha actividade formativa e outra de promoción a través do proxecto Red Agriconect 4.0, co obxectivo de potenciar a dixitalización no ámbito do sector vitinícola na fase de promoción e comercialización.

Na súa intervención, a xerente do Inorde trasladoulles tamén o compromiso da Deputación de Ourense e do seu presidente con este proxecto e coas Denominacións de Orixe da provincia.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email