A xerente do Inorde participa no panel organizado polo Eixo Atlántico en Termatalia 2021

A xerente do Inorde, Emma González, participou hoxe, no marco de Termatalia 2021, no panel organizado polo Eixo Atlántico, no que destacou que “o turismo termal é sostible en sí mesmo porque o desenvolvemento a partir da auga mineiromedicinal leva implícita a sustentabilidade deste recurso endóxeno”.

Así mesmo, a xerente do Inorde salientou na súa intervención o acerto do goberno provincial de “integrarse no Eixo Atlántico onde o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, preside o Foro Termal”.

Durante o panel, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, presentou a Guía Termal de Destinos Termais do Eixo, editada en castelán, galego, inglés e portugués e distribuída entre os asistentes, “o que contribúe á divulgación e á creación da cultura termal”, sinalou Emma González.

Así mesmo, tamén se presentaron dúas experiencias de socios do Foro Termal: por un lado as Termas de San Jorge da Cámara Municipal de Santa María da Feira e, por outro lado, a provincia de Ourense presentou a campaña promocional “Raia Termal en Ruta”, posta en marcha pola Deputación de Ourense, no marco do proxecto “Raia Termal”, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg, e do que son socios a Deputación de Ourense e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, xunto aos municipios transfronteirizos de Lobios, Bande, Muiños, Cortegada, Melgaço e Terras de Bouro.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email