Abertas as inscricións para participar na III edición de “Arnoia SUP Challenge” que se celebrará os días 25 e 25 de maio e contará coa súa tradicional travesía popular, ademais da Copa de España de Longa Distancia.
O evento, impulsado pola Deputación, Inorde e a Axencia de Turismo de Galicia, acollerá a Copa de España de Longadistancia, de forma que todos os participantes poderán medirse ante os mellores riders do territorio Nacional.
O sábado, 25 de maio, celebrarase a travesía popular, ademais dos Clinics, onde os deportistas realizarán uns apaixoantes Sprints de 200 metros con xiro de boia en formato ISA.
Xunto as actividades propiamente deportivas, tamén se inclúe un espectáculo de música nesta contorna inigualable que ofrece o Concello de Arnoia.
Os interesados en participar xa poden inscribirse en: www.arnoiasupchallenge.es