Aberto o prazo de inscrición para participar como coexpositor no stand da Deputación no Salón Gourmets 2024

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, volverá a promocionar a provincia como destino enogastronómico na Feira de Alimentación e Bebidas de Calidade, que se celebrará en Madrid do 22 ao 25 de abril

Os interesados en participar poden presentar a súa solicitude desde hoxe ata as 24.00 horas do día 1 de marzo de 2024, sendo 14 as prazas dispoñibles para microempresas e dúas para organismos intermedios (Indicacións Xeográficas Protexidas e/ou Consellos Reguladores)

Ourense, 20 de febreiro de 2024.- A Deputación de Ourense promocionará a provincia de Ourense como destino enogastronómico de calidade na Feira de Alimentación e Bebidas, Salón Gourmets 2024, iniciativa que desenvolve a través do Inorde. As empresas interesadas en participar no stand como coexpositor xa poden presentar a súa solicitude ata as 24.00 horas do día 1 de marzo de 2024.

A Deputación de Ourense permitirá que 14 microempresas ou produtores da provincia e ata dous organismos intermedios (Indicación Xeográficas Protexidas e/ou Consellos Reguladores) poidan promocionarse en Salón Gourmets do 22 ao 25 de abril promocionándose no recinto feiral de IFEMA, en Madrid. Os interesados en participar deberán presentar a súa solicitude (no modelo que se contén nas bases dispoñibles na páxina web do Inorde (www.inorde.com), na sede electrónica da Deputación de Ourense (https://sede.depourense.es/).

Para poder ser coexpositor deste espazo, as microempresas elaboradoras de produtos gourmet deberán ser titularidade de persoas físicas autónomas ou xurídicas cuxo domicilio e centro de produción estea situado na provincia de Ourense. No caso de que se trate de empresas adicadas á viticultura, a súa produción non poderá ser superior a 100.000 litros en cada un dos dous últimos exercicios anuais pechados. Son consideradas microempresas aquelas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.

Pola súa parte, o coexpositor deberá atender o módulo que teña asignado no stand para a promoción e exposición do seu produto, asumindo tamén os custes de desprazamento e estancia en Madrid. Ademais, deberá abonar 200 euros máis IVE, á empresa montadora polos custes de personalización e rotulación do seu módulo.

As empresas coexpositoras terán a posibilidade de participar tamén nunha exhibición de cociña que se desenvolverá nunha das Aulas profesionais do evento, co fin de incrementar a notoriedade dos seus produtos. Pode consultar as bases a través do seguinte enlace:

https://inorde.com/es/convocatorias/

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email