Camiño Mozárabe pola provincia de Ourense: a aventura da Vía da Prata

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, pon en marcha de novo o programa provincial da Vía da Prata por etapas, unha oportunidade única para descubrir os atractivos turísticos que ofrece o Camiño Mozárabe.

Esta experiencia arrinca o 21 de setembro coa primeira etapa (Ourense – Cea, con visita a Oseira) e finalizará o 19 de outubro coa chegada a Santiago de Compostela.

👉 Os peregrinos poderán elixir entre realizar etapas soltas ou inscribirse no programa completo, que conta con guía e autobús para maior comodidade.

Programa de etapas

  • 21 setembro · Ourense – Cea (visita a Oseira) · 21 km
  • 28 setembro · Cea – Piñor – Dozón – Puxallos · 22 km
  • 5 outubro · Puxallos – Silleda · 22 km
  • 12 outubro · Silleda – Vedra – Susana · 23/30 km
  • 19 outubro · Susana – Santiago de Compostela · 10 km

Inscricións

  • Programa completo: 49 €
  • Etapas soltas: 15 €

As persoas interesadas poden inscribirse a través da web www.conocegalicia.es ou obter máis información no teléfono 988 253 359.

Unha oportunidade perfecta para vivir o Camiño en boa compañía, coñecer o patrimonio da provincia e chegar a Santiago con lembranzas inesquecibles.

En este articulo:
Compartir en redes sociales: