Grazas ao financiamento da Xunta de Galicia e do Ministerio de Educación e Formación profesional, vaise desenvolver no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia.
Ten lugar do 14 de xaneiro ao 7 de maio, en horario de 8:50 a 14:05h.
É prioritario para persoas desempregadas, e as posibles saídas profesionais son: peón agrícola, peón agropecuario, peón en horticultura, fruticultura, cultivos herbáceos, e xardinería, entre outras profesións.
O temario inclúe módulos de preparación do terreo, rego, abonado, recolección e mantemento de instalacións.