O Inorde, organismo dependente da Deputación de Ourense, acaba de entregar 10.000 quilos de patacas ao Banco de Alimentos no marco da campaña que todos os meses de novembro realiza esta entidade solidaria para axudar ás persoas e familias con escasos recursos.
Froito do aumento de terreo, por parte do INORDE, destinado ás experiencias en campo que realiza habitualmente co fin de poder poñer as colleitas resultantes ao dispor dos organismos e asociacións, que co seu traballo tentan aliviar o día a día dos colectivos, que hoxe máis que nunca corren o risco de quedar atrás.
O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, sinalou que se trata dunha “achega que ten especial importancia neste contexto de crise social e económica polo COVID-19” e avanzou que en próximas datas “completaremos coa doazón doutros 25.000 quilos do mesmo produto a Cáritas”.
Rosendo Fernández sinalou que o Inorde “non pode estar á marxe da complicada situación social que está a provocar a pandemia nos colectivos máis desfavorecidos na provincia de Ourense”.