Mércores, 13 de decembro de 2017.
O Inorde acolleu unha Misión Empresarial de deporte Náutico na que participan 22 empresarios e asociacións deportivas de Portugal, dentro do Proxecto Europeo de Cooperación Transfronteiriza 230_CTC_Limia_Lima_Cavado_1_P, para dar a coñecer o CERLAC e o proxecto Estaciones.
O proxecto CTC: Comunidade Territorial de Cooperación Transfronteiriza, ten como obxectivo o desenvolvemento do territorio a través da cooperación transfronteriza entre as rexións que abranguen os socios do proxecto, a Comunidade Intermunicipal do Cávado (CIM Cávado), a do Alto Minho (CIM Minho) e do INORDE.
Esta oficina técnica de cooperación constitúe unha estructura formal transfronteiriza que será capaz de aumentar a eficicencia nas actividades de cooperación entre as entidades para o desenvolvemento económico e territorial deste espazo transfronteirizo.
Este proxecto cunha duración de 2 anos ten un custe total de 532.467,82€, cofinanciado nun 75% con fondos FEDER, e no que o Inorde conta con 206.734,31 €.
Esta acción empresarial na que participaron 30 empresarios e asociacións deportivas de Portugal da zona de Val do Cávado e Val do Minho-Lima, está incluida dentro das accións previstas no proxecto, e ten como obxectivo aproximar e aumentar a cooperación empresarial neste territorio.
Coa recepción do Presidente do Inorde Rosendo L. Fernández e do Xerente, José Manuel Rodríguez comenzou a visita ás instalacións do Centro de Entrenamento de Remo (CERLAC) no Balneario de Laias, no que actualmente entrena a Federación Bielorrusa de Remo.
Pola tarde para rematar a xornada, visitaron as estacións rehabilitadas dentro dos proxectos europeos Estaciones e Estaciones Vivas.