O Inorde colabora coa “Pasarela Ourense Centro”

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe na presentación da “Pasarela Ourense Centro” que organiza o Centro Comercial Aberto Ourense Centro, iniciativa coa que colabora o Inorde.
No acto estiveron o presidente do CCA Ourense Centro, Luis Rivera e Susana Rodríguez, xerente de Down Ourense.
Trátase dun desfile de moda e complementos de home, muller e neno, onde os establecementos asociados amosarán as súas coleccións. “Unha iniciativa que dará visibilidade ao comercio local, o comercio de proximidade, que tan importante é no desenvolvemento social e económico do territorio”, destacou Rosendo Fernández. Ademais, destacou o carácter inclusivo deste desfile, no que se darán cita modelos profesionais, veciños, clientes dos establecementos e membros de Down Ourense.
Neste sentido, Susana Rodríguez dixo que esta proposta encaixa á perfección co obxetivo de Down Ourense de “favorecer a participación inclusiva de iniciativas que se desenvolven na nosa comunidade”.
A pasarela, que se celebrará o vindeiro 28 de abril, será urbana e realizarase desde a rúa no Paseo no tramo que avi desde Cardenal Quiroga ata a rúa San Miguel.
O desfile estará presentado por Lucía Pérez, representante de España en Eurovisión no ano 2011.
A top model ourensá Marta Bergantiño “regresa a casa” para participar tamén nesta pasarela.
Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email