O Inorde colabora co investigador Daniel Arenas do Campus de Ourense da Universidade de Vigo na realización dos ensaios en campo do proxecto “Implicacións ambientais, agrícolas e económicas do uso nanoagroquímicos cara unha produción alimentaria sostible”, financiado pola Deputación de Ourense e a Universidade. Estes ensaios de campo están a levarse a cabo precisamente na finca Antela do Inorde.