O Inorde destina 113.000 euros en axudas a asociacións de comerciantes e a accións de promoción de produtos locais

O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a resolución da convocatoria das axudas que anualmente se pon a disposición dos concellos da provincia para cooperar con eles en actividades que promocionen os produtos ourensáns

Por outra banda, o BOP tamén publicaba hoxe a resolución da convocatoria de axudas para as asociacións de comerciantes da provincia para apoiar os seus proxectos de dinamización e promoción do comercio local, unha iniciativa posta en marcha por este organismo provincial o pasado ano

O Inorde destina un orzamento total que ascende aos 113.522 euros en axudas a asociacións de comerciantes ourensás e a accións de promoción de produtos locais desenvoltas polos municipios da provincia, así o recolle o BOP.

Por unha banda, o Boletín Oficial da Provincia publicou onte, 11 de maio, a resolución da convocatoria de axudas para cooperar coas accións de promoción de produtos propios de Ourense realizadas por concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes durante o ano 2023. Esta partida, dotada cun orzamento de 75.000 euros, repártese entre os seguintes proxectos:

CONCELLO PRODUTO AXUDA (EUROS)
Riós XXVIII Festa da Castaña e do Cogumelo 1.245,94
Leiro XXXII Festa da Vendima de Leiro 3.707,36
Montederramo XXVIII Festa da Carne 2023 4.537,10
A Teixeira Festa do Viño Novo 2023 950,71
Muíños Festas das Sopas do Burro canso, do Galo pica no chan e do Becerro do Xurés o espeto 2.379,94
Arnoia XLIV Festa do Pemento de Arnoia 1.410,50
Vilariño de Conso XXXIV Festa do Cabrito 3.702,13
Chandrexa de Queixa XII Festa Gastronómica do Cordeiro 5.814,05
A Rúa Bacofesta 2023 2.468,37
Xinzo de Limia Feira da Pataca ALIMAGRO 2023 2.585,91
O Bolo XIII Festa da Vitela 3.113,97
Parada de Sil X Festa da Pisa da Castaña e Feira de Produtos Locais 757,67
O Barco de Valdeorras XXI Festa do Botelo 5.503,54
Piñor VI Festa dos Callos 822,79
Ribadavia LX Feira do Viño do Ribeiro 7.619,71
Larouco Festa-Feira do Cordeiro 783,83
A Veiga Accións de Promoción e Posta en Valor de Produtos de Alta Montaña de A Veiga VI 4.062,34
Verín XVI Feira do Viño D.O. Monterrei 5.928,79
San Cristovo de Cea Ruta dos Fornos de Pan de Cea 1.857,16
Entrimo XVIII Festa Exaltación da Empanada de Forquellas e Carne Cachena da Serra do Quinxo 1.363,48
Viana do Bolo Entroido 2023, LI Festa da Androia 10.987,77
Cortegada XIII Fira de Artesanía e do Porco Celta 2.221,53
Laza Festa Gastronómica da Bica Branca, Xastré, Cachucha e Licor Café do Concello de Laza 1.175,41
TOTAL 75.000,00

Por outra banda, o Boletín Oficial da Provincia fai pública hoxe a resolución da convocatoria de axudas para as asociacións de comerciantes da provincia, postas en marcha por segundo ano consecutivo por este organismo provincial, para cooperar en accións de dinamización e promoción do comercio local realizadas por ditas entidades. A través desta convocatoria, o Inorde destina un orzamento que ascende aos 38.522,73 euros para esta finalidade.

As accións que se verán beneficiadas de ditas axudas son as seguintes:

ASOCIACIÓN PROXECTO AXUDA

(EUROS)

Asociación Establecementos Asociados Ribeiro Campaña Benvida Primavera e Mercadillo de Nadal 5.849,57
Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos Centro Comercial Aberto O Barco Campaña Túnel do Terror – Samaín 7.166,52
Asociación de Empresas e Comercios PROLIMIA Feira do Comercio PROLIMIA 6.060,12
Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto Somos DO Carballiño 4.885,56
Asociación Empresarial de Valdeorras Tarxetas VALDECASH – segunda fase 7.376,00
Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais do Centro Comercial Aberto de Ourense Accións de dinamización e promoción do comercio 7.184,96
TOTAL   38.522,73

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email