O Inorde galardoado coa “castaña de ouro” do Concello de Riós.

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández recolleu hoxe esta distinción da man da conselleira de Igualdade e Emprego, Elena Rivo, durante a celebración da XXVIII edición da Festa da Castaña🌰 e do Cogumelo de Riós.

A alcaldesa de Riós, Eva Barrio salientou que este premio pretende recoñecer “o traballo realizado polo Inorde a favor deste sector tan importante para o noso concello, a través do Centro Agroforestal, ubicado aquí, co apoio da Consellería de Medio Rural. Recoñecemento que tamén outorgamos á empresa local Berzán.

Rosendo Fernández agradeceu este premio que recoñece o traballo que realizan os nosos produtores de castaña na provincia, un labor esencial a prol do desenvolvemento social e económico do territorio.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email