O Inorde lidera unha reunión para avanzar no proxecto de patrimonio inmaterial ligado ao Entroido ás candidaturas do POCTEP

O Inorde vén de organizar unha reunión na súa sede, de xeito presencial e telemático, para avanzar con entidades galegas e portuguesas no proxecto de patrimonio inmaterial ligado ás máscaras do Entroido para presentar unha candidatura sobre este tema ao vindeiro POCTEP 2021-2027. Na xuntanza marcouse unha folla de ruta a desenvolver nos vindeiros meses co fin último de elaborar a candidatura con toda a información provista polos socios en base aos requirimentos da propia convocatoria.

Esta proposta xurdiu dunha das mesas de traballo realizadas durante o evento de difusión do proxecto Keep On, Interreg Europe. Na reunión, cada un dos participantes fixo, durante a reunión de traballo, unha pequena introdución sobre o patrimonio material e inmaterial existente na súa área de influencia xunto coa súa propia proposta, ademais de adherirse a este proxecto segundo a tipoloxía escollida por cada entidade (socio, colaborador…).

Integrantes

Deste modo, na xuntanza participou, ademais do Inorde, a Comunidade Intermunicipal de Tras Os Montes, a Comunidade Intermunicipal do Cávado – Cim Cávado, o GDR Limia – Arnoia, a Universidade da Coruña, GEAT – Universidade de Vigo, a Mascarada Ibérica Viana do Bolo, o Concello de Bande, o Concello de Vilariño de Conso, a Direçao Regional de Cultura do Norte e a Fundación Uxío Novoneyra.

Como resumo da reunión, todos os participantes están de acordo en que o proxecto debe centrarse en catro pilares fundamentais: máis investigación, máis divulgación, máis axudas á preservación e involucrar á poboación local sobre todo á mocidade, nas  actividades que poñan en valor as tradicións culturais asociadas ao Entroido durante todo o ano (artesanía das máscaras, xornadas gastronómicas, concursos, …) para desestacionalizar a oferta turística ligada a esta senlleira celebración.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email