Emma González asistiu hoxe a esta celebración na que o organismo provincial está a dar a coñecer o seu traballo do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro a través dun stand informativo e cunha exhibición de gando de razas autóctonas
O Inorde está a participar na Feira do Tellado que recuperou este ano o Concello de O Irixo, dando a coñecer o traballo que se realiza no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, situado en Xinzo de Limia, de apoio ao sector agrícola da provincia. Tamén, o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico está presente co seu programa de razas autóctonas cunha exhibición de gando de diferentes razas para achegar este traballo aos asistentes a esta feira, “dúas das liñas de traballo principais deste organismo provincial a prol do desenvolvemento sostible do sector primario que é clave na economía provincial”, dixo a xerente do Inorde, Emma González, quen asistiu hoxe a dita festividade, xunto a diferentes alcaldes, alcaldesas e representantes institucionais.
A xerente do Inorde felicitou ao alcalde de O Irixo, Manuel Cerdeira, “por recuperar unha celebración que exalta os recursos endóxenos e oficios asociados a un territorio que nos está a realizar propostas para redescubrir a nosa contorna natural de montaña con toda a beleza propia dun destino de interior que conserva a esencia dunha provincia xenuina como reza a marca turística”.
O nome desta celebración débese a “O Tellado” un lugar da parroquia de San Cosmede de Cusanca do municipio, da que non se coñece a orixe exacta pero que hai data de que existía fai máis de 100 anos e que deixou de celebrarse fai uns 30 anos. Nela dábanse cita comerciantes principalmente de gando, de materias primas como aceite, telas, zocos, entre outros.
Durante a xornada celebrouse tamén a XIX edición da Festa do Cabalo, converténdose O Irixo nun lugar de encontro lúdico e gastronómico a través dun variado e completo programa de actividades dedicado a todos os públicos.
A feira comezou ás 10.00 horas cunha ruta polos montes do municipio, apertura da feira dos diferentes expositores e continuou ás 14.00 horas cun xantar popular a base de polbo e carne ao caldeiro. Pola tarde, chegaron os diferentes concursos a partir das 17.00 horas: concurso de Andadura Galega 2 tempos, de 4 tempos, de cabalos trotóns, e de trote de cabalos trotóns. Ás 19.00 horas, era a quenda para a carreira de burros, con premio para todos os participantes e media hora despois tivo lugar a entrega de trofeos.
Ademais, no apartado cultural, o concello organizou unha programación que inclúe saída en ruta cabalar, espectáculo de lume e lenda das meigas, e pecharán a Feira coa representación cañaveral de pasión. Todo elo mesturado con concurso de traxes tradicionais, ambientación musical todo o día, sorteos, e actividades de dinamización familiares.