O Inorde promociona a Vía da Prata, no marco de “MUSGO SON Estrella Galicia”

O Inorde colabora, un ano máis, con MUSGO SON Estrella Galicia, promocionando o itinerario xacobeo da Vía da Prata a través dun roteiro cultural para conxugar a oferta musical máis urbana con actividades que amosen a esencia do noso e que invite ao público de MUSGO a gozar dun turismo sostible en Ourense.

A iniciativa foi presentada hoxe, no Espazo Xove de Ourense, pola técnica de turismo do Inorde, Begoña Cádiz, polo Xefe da área provincial da Axencia de Turismo de Galicia, Cecilio Santalices; e os co-produtores de MUSGO, David Pedrouzo e Adrián Fragueiro.

Esta proposta entronca con ese perfil de público ao que se quere dirixir o Inorde atraéndoo a nosa provincia, e difundir entre os asistentes os valores da Vía da Prata a través deste festival.

Este ano é a terceira edición que o Inorde colabora con este roteiro, que percorre recunchos e anécdotas vencelladas ao Camiño ao seu paso pola cidade de Ourense, para poñer en valor elementos patrimoniais, culturais e arquitectónicos. O roteiro terá lugar o sábado, con saída desde o Liceo ás 11.00 horas.

Esta colaboración encaixa coa folla de ruta de traballo do Inorde de promover o Camiño, a través dos distintos itinerarios que hai na provincia, para coñecer o noso territorio a través da viaxe experiencial que ofrece realizar o Camiño. Ademais, permite que que os peregrinos coñezan os catro recuros cabeceira do noso destino e que están representadas na nosa marca turística: patrimonio, termalismo, enogastronomía e natureza.

Esperamos que a xente que se anote goce da experiencia, repita, e continúe apostando polo Camiño.

MUSGO SON Estrella Galicia propón nesta edición 16 artistais en 5 salas, e as entradas xa están esgotadas, o que demostra que se trata dun evento consolidado no calendario cultural ourensán.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email