O persoal do Inorde fórmase no curso sobre o manexo de equipos de desfibrilación externa semiautomática – DESA, que imparte a Deputación de Ourense.
O obxectivo é “contar co persoal formado para poder facer uso do Desfibrilador que instalamos en Correos (edificio que alberga as nosas dependencias) e continuar con esa liña estratéxica que impulsa o presidente da Deputación de Ourense de apostar por unha provincia cardioprotexida dotando a todos os seus centros dun DESA”.
“É importante, polo tanto, non só dotar de desfibriladores as nosas institucións públicas, senón tamén, de coñecementos e técnicas ao noso persoal, para que chegado o caso, sexan capaces de axudar e colaborar ante unha posible indisposición que requira da actuación deste instrumento que cada día salva máis vidas”, dixo o presidente do Inorde e vicepresidente da Deputación de Ourense.
Ademais, a Deputación de Ourense deu un paso máis aló nese proxecto de lograr unha provincia cardioprotexida e, por elo, puxo en marcha o programa de cooperación para o cofinanciamento coas entidades locais de menos de 20.000 habitantes para a adquisición de desfibriladores, do que se beneficiaron 32 concellos da provincia, ademais de ofrecer a posibilidade de que o persoal dos concellos participen nesta actividade formativa para dotalos de coñecementos que lles permita facer un bo uso desta ferramenta.
Desde que a Deputación de Ourense comezou a formar a impartir esta actividade formativa no ano 2007 ata a actualidade impartíronse 46 cursos de formación coas correspondentes 242 horas e participaron 486 persoas. De feito, a Deputación foi a primeira administration pública de Galicia en implantar equipos desfibriladores nos seus centros de traballo e nos edificios públicos da institución provincial con maior concorrencia de público.