A Deputación de Ourense, a través do Inorde, convídao a participar nun proxecto que permitirá obter asesoría no deseño, execución e comercialización de experiencias ecosostibles para promover o turismo no Xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés”, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia.
Nesta primeira etapa de pre-selección, poderán participar aquelas persoas, entidades públicas, autónomos ou microempresas xa constituídas que estean establecidas nalgún dos municipios deste xeodestino e que conten cunha potencial idea de desenvolvemento turístico (roteiros, visita guiadas, paquetes, produtores locais, aloxamentos e oferta complementaria etc ), ou ben, aqueles emprendedores que xa ofrezan estes servizos e queiran acceder a unha consultoría personalizada e mellorar as posibilidades de éxito comercial da súa oferta actual.
Este proxecto, pretende entregar as ferramentas necesarias de formación, márketing e venda para que as persoas e empresas poidan executar as súas propias ideas e contribuír a xerar valor na cadea do sector turístico do Xeodestino, a fixar poboación no territorio, ao relevo xeracional, e, por suposto, a velar pola sustentabilidade dos servizos turísticos promovendo boas prácticas que non xeren un gran impacto ambiental.
Se está interesado pode mandarnos a súa idea de experiencia ecosostible, cumprimentando a ficha ( FICHA TÉCNICA ) que pode remitir a turismo@inorde.com ata o vindeiro 22 de novembro. Para máis información pode poñerse en contacto co equipo do proxecto a través do 689264498.