Reunión da 1ª asemblea constituínte da rede transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do oeste peninsular

O día 22 de febreiro, ás 12:00 horas (11:00 horas portuguesa) terá lugar de forma telemática a reunión da 1ª asemblea constituínte da rede transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do oeste peninsular na que o INORDE representa á provincia de Ourense dentro deste proxecto.

Dentro da orde do día trataranse os seguintes temas:

1.Constitución e celebración da 1ª Asemblea da Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular.

2. Aprobación do Manual de Procedemento da Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular.

3. Aprobación do rexistro da marca e logotipo da Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular na Oficina Española de Patentes e Marcas, así como na Oficina de Propiedade Intelectual da Unión Europea.

4. Coñecemento do desenvolvemento de actividades do Proxecto CAMIÑOS, no comezo do ano Xacobeo, con especial referencia ao rexistro de actores territoriais interesados e implicados nas actuacións relacionadas cos Camiños de Santiago.

Trala celebración desta Asemblea da Rede terá lugar unha reunión técnica dos socios participantes no proxecto para poñer en común a realización das actividades do Proxecto CAMIÑOS.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email