A xerente do Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal e xerente do Inorde, Emma González, reuniuse co alcalde de Cortegada, Avelino Luís de Francisco, para revisar o proxecto de execución das termas ao aire libre que estarían integradas no balneario do municipio e iniciar os trámites para a posta en marcha deste proxecto.
Esta actuación suporá a integración dese dobre modelo que se pretende potenciar de establecementos balnearios terapéuticos e o termalismo ao aire libre, posicionando un novo produto turístico no conxunto da provincia de Ourense Termal.
Estas actuacións forman parte do Plan “Ourense Termal” que está financiado pola Deputación de Ourense, Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.