REUNIÓN DE LANZAMENTO DO PROXECTO RED_AGRICONECT 4.0

Na sala de xuntas do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” terá lugar a reunión do proxecto de Cooperación transfronteriza “Rede Agriconect 4.0”, no que participa a Deputación de Ourense a través do Inorde. Asisiten Rosendo Fernandez (VicePresidente Deputación), Miguel Sáncez Galindo (Director de Innova, Emprendedores e Pymes), Laura Miguel (Fundación EOI FSP), Ana Espejo e Sara Machuca (Representantes de CTAEX), Gabriel Blázquez (REsponsable de FEVAL), Marco Fachada e Antonio Montalvo (Representantes de ADRAT – Alto Támega – Portugal) e Bruno Ramalho e Isabel Marto (Representantes de IDDNET – Portugal).

O 24 de setembro tivo lugar na sala de xuntas do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” de Ourense, a primeira reunión de lanzamento do proxecto de cooperación transfronteiriza plurirregional “REDE_ AGRICONECT 4.0”, coa participación de Rosendo Fernández (Presidente de INORDE), Miguel Sánchez Galindo (Director de Innova, Emprendedores e Pemes da Fundación EOI FSP),Laura Miguel (Fundación EOI FSP), Ana Espello e Sara Machuca (Representantes de CTAEX), Gabriel Blázquez (Responsable de FEVAL), Marco Fachada e Antonio Montalvao (Representantes de ADRAT – Alto Támega – Portugal) e Bruno Ramalho e Isabel Marto (Representantes de IDDNET – Portugal)

É un proxecto do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, INTERREG V A España Portugal.
ÁREA DE COOPERACIÓN 6 – PLURIRREGIONAL no que participa o INORDE.

REDE_ AGRICONECT 4.0 : “Impulso da transformación dixital no sector Agroindustrial das rexións Alentejo-Centro-Estremadura e Galicia-Norte de Portugal”, ten como Xefe de Fila á FUNDACION EOI FSP e como socios:

• Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico-INORDE (España)
• Asociación Empresarial Centro Tecnolóxico Nacional Agroalimentario “Estremadura” CTAEX
• FEVAL-Institución Feiral de Estremadura
• ADRAT, Associação de Desenvolvimento dá Região do Alto Tâmega (Portugal)
• Incubadora de empresas D. Dinis – IDDNET -(Portugal)

O obxectivo principal do proxecto é impulsar a Transformación Dixital das PEMES agroindustriais, especialmente as que traballan en transformación, comercialización e loxística na rexión transfronteiriza Estremadura- Alentejo-Centro e Galicia-Norte de Portugal, aumentando a súa competitividade e capacidade exportadora, e creando redes de colaboración empresarial a ambos os dous lados da fronteira.
Preténdese a través da cooperación e o traballo conxunto homoxeneizar o estado de dixitalización das Pemes do sector, diminuír a fenda dixital con respecto ás grandes empresas e achegar solucións concretas a retos tecnolóxicos a través da posta en contacto con emprendedores rexionais e europeos.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email