Rosendo Fernández participa na mesa de traballo para iniciar o proceso de elaboración do Diagnóstico Estratéxico da situación do turismo en Galicia

Ourense, 8 de novembro de 2023.- O deputado de Turismo, Rosendo Fernández, participou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na mesa de traballo, organizada polo Clúster de Turismo de Galicia co apoio da Axencia de Turismo de Galicia. para iniciar o proceso de elaboración do Diagnóstico Estratéxico da situación do turismo en Galicia.

Trátase dun dos vinte encontros territorios convocados co obxectivo de “recompilar dunha forma participativa o sentir do sector turístico respecto aos novos retos e oportunidades”, explicou Rosendo Fernández. O deputado de Turismo propuxo como temas a abordar cuestións como a conectividade interna coa chegada da Alta Velocidade; a sustentabilidade en todas as súas vertentes e a cualificación profesional, asumindo que son os novos retos que debe afrontar o sector turístico. Neste sentido, Rosendo Fernández afirmou que desde o goberno provincial “contribuiremos a lograr que Galicia sexa un destino cada vez máis sostible e competitivo”.

Na xornada de hoxe participaron axentes públicos e privados do sector dos xeodestinos O Ribeiro – O Carballiño – Celanova – Terras do Xurés e no caso da provincia de Ourense continuarán estas mesas de traballo do xeodestino Trevinca – Valdeorras, na Rúa; o xeodestino Verín – Monterrei, en Monterrei; e do xeodestino Allariz – Maceda – A Limia, en Allariz

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email