Rosendo Fernández participa na presentación de “Sportur Galicia”, evento co que colabora o Inorde

O presidente do Inorde e vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández participou hoxe na presentación do V Salón do Deporte e Turismo Activo (Sportur Galicia) e III Congreso Internacional de Turismo Deportivo, que se celebrará os días 24 e 25 de novembro en Expourense.

O Inorde, aproveitará novamente, o escaparate que brinda Sportur, proxectando a práctica do deporte náutico no encoro de Castrelo de Miño, Laias e Arnoia, realizará mediante a exhibición de remoergómetros, os equipos que empregan os deportistas desta disciplina cando veñen a adestrar ao CERLAC, e que estarán na feira para que os asistentes poidan probalos.

Así mesmo, “aproveitaremos desde o Inorde para amosar as probas cicloturistas que organiza este organismo en contornas como o Xurés, ou a cicloturista pola Ribeira Sacra. Para elo, proxectaremos imaxes que resuman o gran interese que suscitan estas probas xunto á Xurés Bike Tour, que tamén organizamos este ano, e que en cada edición atrae a numerosos afeccionado ao cicloturismo ao noso destino, por ser idóneo, para esta práctica deportiva”, dixo Rosendo Fernández.

O obxectivo do Inorde é “promover o turismo a través do deporte e, ademais, no marco do Plan Termal están a desenvolverse actuacións para identificar novos nichos especializadas que poidan realizar estancias de longa duración en Ourense, mesturándoo con estancias en balnearios cos recursos naturais ou coas infraestruturas necesarias que requiran as distintas disciplinas deportivas”, engadiu o presidente do Inorde.

Sportur Galicia

O V Salón do Deporte e Turismo Activo contará coa presenza de 50 expositores e ofrecerá un programa con máis de 70 actividades entre exhibicións e adestramentos. O horario da feira será o mesmo durante os dous días: de 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás20.00 horas.

Ademais, no III Congreso Internacional de Turismo Deportivo, unha das novidades deste ano, contará coa participación de 21 relatores que analizarán o potencial turístico do deporte, reunindo neste evento a 500 inscritos entre presenciais e virtuais.

A asistencia ao congreso é gratuíta, só require de previa inscrición a través da web www.sporturgalicia.com.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email