Os técnicos de asesoramento e desenvolvemento de produtos da empresa TIMAC AGRO, punteira na fabricación, comercialización e investigación de fertilizantes a nivel europeo, visitaron os ensaios integrados na finca Antela do Inorde.
O obxectivo desta visita de campo é facer o seguimento sobre as experiencias que o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro realiza en relación ó cultivo da pataca, así como para tomar datos que permitan establecer unha modelización da resposta deste cultivo á aplicación de produtos biofuncionais innovadores, en virtude do ensaio que esta empresa realiza coa colaboración deste organismo provincial.