Últimos días para que as asociacións de comerciantes da provincia se presenten á liña de axudas do Inorde

Últimos días para que as asociacións de comerciantes da provincia soliciten as axudas que concede o #Inorde a través da convocatoria, que por primeira vez pon en marcha este organismo, para dar resposta ás demandas destas entidades e atender as súas necesidades axudándolles a realizar actividades que contribúan a reactivar o comercio de proximidade.

Ademais, esta liña de axudas pretende fortalecer tamén o propio asociacionismo como ferramenta para impulsar a cooperación, tanto público-privada, como a do sector entre si.

Para tal fin, o Inorde destina un orzamento de 50.000 euros para cooperar coas asociacións de comerciantes da provincia de Ourense a desenvolver accións de dinamización e promoción do comercio local, grazas á partida que a Deputación de Ourense destinou na última modificación de crédito.

Cada entidade interesada presentará un único proxecto relativo a unha acción ou a un conxunto de accións. En todo caso, só poderán ser obxecto de subvención os proxectos cuxo orzamento sexa, como mínimo, de 4.000 euros, sendo o importe total máximo do proxecto de 15.000 euros. A contía da axuda pode alcanzar ata o 80% do investimento.

Os interesados teñen de prazo ata o 29 de xullo para presentar as súas solicitudes.

Para máis información: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=147&fecha=20220629 


Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email