Arranca o proxecto “CIRCULAR_ECOSYSTEMS”

O Inorde vén de participar na reunión de lanzamento do proxecto europeo “CIRCULAR_ECOSYSTEMS” que promove ecosistemas territoriais e solucións sistémicas de economía circular para prever a contaminación. Na xuntanza liderada pola Fundación Patrimonio Natural de Castilla y León e celebrada na Casa do Parque do Lago de Sanabria, participaron a maioría dos socios, representando ao organismo adscrito á Deputación de Ourense o técnico responsable do Centro Agrogandeiro, Servando Álvarez, e a técnica económica, Rocío Gómez.Este proxecto, aprobado polo Comité de Xestión do Programa de Cooperación Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), ten como obxectivo elaborar estratexias e plans de acción de economía circular para consolidar ecosistemas territoriais capacitados para o desenvolvemento de solucións sistémicas que contribúan a minimizar o uso dos recursos e a acelerar a transición cara ao residuo cero, eliminando os problemas de contaminación. Enténdese como solucións sistémicas de economía circular (SSEC), a aquelas que, desde un enfoque innovador e transversal, implican a un conxunto de actores relevantes dentro dun territorio co obxectivo de mellorar a xestión dos recursos dentro dunha cadea de valor, minimizando os residuos e a contaminación asociada.Ademais do Inorde e a Fundación, son socios do proxecto o Concello de Valladolid, a Deputación provincial de Ávila, o municipio de Guimarães e o município de Matosinhos. O investimento total que se investirá nas diferentes rexións a través deste proxecto ascende aos 1.167.647,43 euros.Na reunión de lanzamento fíxose unha breve explicación de cada unha das actividades do proxecto e una presentación da “Circular Cities and Regions Initiative” como parte do Plan de Acción de Economía Circular financiado pola UE, e da súa metodoloxía para a implantación de Solucións Sistémicas de EC en cidades e rexións. No caso da provincia de Ourense se desenvolverá un proxecto sobre agricultura rexenerativa no viñedo.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email