O obxectivo principal do proxecto “ KEEP ON” é mellorar a efectividade das políticas públicas para proxectos duradeiros e sustentables no sector do patrimonio cultural, tanto nas rexións que participan no proxecto, como noutros territorios da Unión Europea.
Na reunión celebrada o 28 de novembro, estiveron representadas a maioría das Entidades que conforman o grupo:
- Xunta de Galicia: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Axencia de Turismo de Galicia en Ourense, Xefatura Territorial de Cultura e Turismo e da Dirección Xeral de Políticas Culturais.
- Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (Universidade de Vigo).
- Grupos de Acción Local ( GDR) da provincia de Ourense: Asociación Carballiño – O Ribeiro ( GDR-12); Grupo de Desenvolvemento Rural Sil, Bibei, Navea, Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia ( GDR-10);
Presentouse o estado de situación do proxecto e debatéronse as posibles propostas e achegas a incluír no Plan de Acción.