INORDE, SOCIO PRINCIPAL DO PROXECTO EUROPEO “ KEEP ON”, ORGANIZA A 3ª REUNIÓN DE PARTES INTERESADAS EN OURENSE

O obxectivo principal do proxecto “ KEEP  ON” é mellorar a efectividade das políticas públicas para proxectos duradeiros e sustentables no sector do patrimonio cultural, tanto nas rexións que participan no proxecto, como noutros territorios da Unión Europea.

Na reunión celebrada o 28 de novembro, estiveron representadas a maioría das Entidades que conforman o grupo:

  • Xunta de Galicia: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural,  Axencia de Turismo de Galicia en Ourense,  Xefatura Territorial de Cultura e Turismo e da Dirección  Xeral de Políticas  Culturais.
  • Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (Universidade de Vigo).
  • Grupos de Acción Local ( GDR) da provincia de Ourense: Asociación Carballiño – O Ribeiro ( GDR-12); Grupo de Desenvolvemento Rural Sil,  Bibei,  Navea, Grupo de  Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia ( GDR-10);

Presentouse o estado de situación do proxecto e debatéronse as posibles propostas e achegas a incluír no Plan de Acción.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email