Ir o contido
  • +34 988 317 930
  • inorde@inorde.com
  • Mapa Web
  • Galego
  • Español
  • English
  • Galego
  • Español
  • English
Instagram Facebook-f
  • Inicio
  • Nós
    • Saúdo do Presidente
    • Quen Somos
    • Órganos de Goberno
    • Organigrama
    • Bolsas de traballo
  • Proxectos
    • En Progreso
    • Rematado
  • Procedementos
    • Subvencións
    • Convocatorias
  • Sala de Prensa
    • Notas de prensa
    • Galería Fotográfica
    • Videoteca
    • Biblioteca de Audio
Menu
  • Inicio
  • Nós
    • Saúdo do Presidente
    • Quen Somos
    • Órganos de Goberno
    • Organigrama
    • Bolsas de traballo
  • Proxectos
    • En Progreso
    • Rematado
  • Procedementos
    • Subvencións
    • Convocatorias
  • Sala de Prensa
    • Notas de prensa
    • Galería Fotográfica
    • Videoteca
    • Biblioteca de Audio

Actualidade

Aberta a convocatoria para participar nas teleformacións do Centro Colaborativo de Cantoña
7 de Xaneiro de 2026
Ler máis »
Últimos dias de prazo de licitación para a explotación do bar na emblemática Estación de Ferrocarril de Os Peares
3 de Xaneiro de 2026
Ler máis »
Resultados preliminares da investigación cualitativa sobre o impacto da eliminación de paradas do servizo de alta velocidade na Gudiña
29 de Decembro de 2025
Ler máis »
O INORDE impulsa a dixitalización e a sustentabilidade no sector vitivinícola da D.O. Monterrei
19 de Decembro de 2025
Ler máis »
O xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés” incorpora 9 novos distintivos ao Sistema Integral de Calidade Turística Española
15 de Decembro de 2025
Ler máis »
Convocatoria Grupo de Mellora SICTED Ourense Termal
5 de Decembro de 2025
Ler máis »

Redes Sociais

Instagram
Facebook
Instagram

inordeourense

Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico-Deputación de Ourense
En twitter: @InordeOurense
Rúa Progreso, 53 1 Ourense

No último ano agrícola, un dos servizos máis de No último ano agrícola, un dos servizos máis demandados dentro das actuacións impulsadas pola @deputacionou a través do INORDE, como é habitual, foron as analíticas do solo realizadas polo Laboratorio certificado pola ENAC do #CentroAgrogandeiro, un apoio técnico fundamental para mellorar a competitividade e a sustentabilidade das explotacións agrarias.

📊 Realizáronse arredor de 4.800 analíticas, das cales máis do 70 % corresponderon a determinacións físico-químicas, clave para unha correcta planificación dos cultivos e unha xestión eficiente dos recursos.

🌱 A comarca da Limia concentrou preto de 2.800 analíticas, o que supón aproximadamente o 58 % do total, poñendo de manifesto o peso dunha das zonas máis agrícolas non só da provincia de Ourense, senón de toda Galicia. Un territorio no que predominan as explotacións profesionalizadas, con arredor de 190 agricultores para os que a actividade agraria representa unha parte esencial da súa renda.

🔬 Datos que reflicten a importancia destes servizos técnicos prestados con recursos propios do Inorde e persoal altamente cualificado para avanzar cara a unha agricultura máis profesional, sostible e competitiva.
Gustaríache unirte ao #CentroColaborativodeCantoña?

Elabora as túas conservas vexetais, zumes, froitos secos ou mel— a partir da túa propia produción e da o salto á comercialización. Este é un bo momento para comezar con base e seguridade.

Xa están abertas as inscricións nas primeiras formacións online, dirixidas a persoas produtoras.

📚 Teleformacións dispoñibles:
✔️ Prevención de Riscos Laborais – 16 horas
✔️ Manipulador/a de alimentos – 10 horas

As sesións impartiranse de maneira telemática.

Inscríbete na ligazón da nosa biografía.

👉 Un paso clave para transformar, regularizar e facer medrar o teu proxecto.
#Repost @ourensestradetermal with @use.repost
・・・
3️⃣ días y abrimos inscripciones ⏳

🔔8 de enero a las 20h

La Strade no se explica.
Se siente.

🚴‍♀️💨 26 de abril · Ourense Strade Termal

@inordeourense @deputacionou @federaciongalegadeciclismo
@ciclismoafondo_oficial @concellodemuinos @concello_lobios
@turismoprovinciaourense @nokao.es @talleresrodosa
@caldariahyb @turismodegalicia

#OurenseStradeTermal26 #OST26 #Xurés #Gerês
Cycling TurismoActivo OurenseStradeTerma
Oportunidade para participar na Licitación do Ser Oportunidade para participar na Licitación do Servicio de Explotación de Bar na 🛤️ Estación de Peares 
(📍Municipio de A Peroxa- Xeodestino Ribeira Sacra) 

O Inorde ven de publicar o Anuncio de Licitación de Prestación do servicio de explotación do Bar ☕️ do complexo da estación de Ferrocarril de Os Peares, no municipio da Peroxa (Ourense) por un periodo de 59 meses ( 4,9 anos)

As instalacións que se poñen a disposición do adxudicatario son os espazos ubicados nos laterias do edificio principal de viaxeiros, habilitados para bar e aseo, cunha superficie total de 80 m2.

O canon pola posta a disposición das instalacións parte dos de 680 euros anuais.

O prazo para presentar ofertas está vixente ata o día 8 de xaneiro.

Consultar detalles da licitación na plataforma de Contratos do Estado ou na web do Inorde:

https://inorde.com/convocatorias/

☎️ Consultas en Inorde 988 317 930
O INORDE deséxavos un feliz 2026, cheo de oportun O INORDE deséxavos un feliz 2026, cheo de oportunidades, proxectos e futuro para Ourense.

Seguimos traballando polo desenvolvemento da nosa provincia. ✨
🏅 O Xeodestino – Valdeorras reforzou a súa apo 🏅 O Xeodestino - Valdeorras reforzou a súa aposta pola calidade turística

Lembramos que este ano, o pasado 6 de novembro, tamén celebramos os premios SICTED no Hotel Pazo do Castro (O Barco de Valdeorras) procedemos a entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) a novas empresas e entidades da comarca.

Un recoñecemento ao esforzo, á profesionalidade e ao compromiso coa mellora continua, elementos clave para fortalecer a competitividade e a calidade da oferta turística do destino.

📍 Nesta edición recibiron o distintivo SICTED as seguintes entidades:

• A Rectoral de Seadur – Aloxamentos rurais – Larouco
• Aira da Petada Hotel Boutique – Hoteis e apartamentos turísticos – A Veiga
• Alan de Val – Adegas – A Rúa
• Aloxamento Boutique A Pontevella – Hoteis e apartamentos turísticos – Carballeda de Valdeorras
• Asociación Ruta do Viño Valdeorras – Outros servizos – Vilamartín de Valdeorras
• Bodegas Godeval – Adegas – O Barco de Valdeorras
• Casa do Castaño – Aloxamentos rurais – O Barco de Valdeorras
• Cecilia Fernández – Tenda de Viños – Comercio – A Rúa
• Dúplex Duquesa – Vivendas de uso turístico – O Barco de Valdeorras
• La Capilla – Restaurantes e empresas turísticas de catering – O Bolo
• Rutas Xanzá – Turismo activo – O Barco de Valdeorras
• Vilamorena – Vivendas de uso turístico – A Veiga

🔹 Coas novas incorporacións, o SICTED suma xa 23 entidades distinguidas no destino Valdeorras.

Esta actuación enmárcase no convenio de colaboración entre o #Inorde @deputacionou, e a Axencia de Turismo de Galicia, co obxectivo de impulsar un turismo sostible, competitivo e de calidade coa participacion dos concellos do Xeodestino.

#INORDE #SICTED #CalidadeTurística #Valdeorras

@destinovaldeorras @turismodegalicia
A análise cualitativa recolleita neste documento A análise cualitativa recolleita neste documento forma parte do informe solicitado polo #INORDE, organismo da @deputacionou , titulado Estudo do impacto pola eliminación das frecuencias de tren na estación da Gudiña. O obxectivo do informe completo busca identificar e dimensionar o impacto real derivado da eliminación de determinadas paradas de trens de longa distancia; analizando os seus efectos sobre o territorio, a actividade económica e a poboación residente nas comarcas afectadas.

Dous son os principais obxectivos que se pretenden alcanzar con este estudo cualitativo:

• Identificar de forma directa e contextualizada as principais actividades económicas, sociais e cotiás que poderían verse afectadas pola supresión de paradas.

• Analizar a percepción dos residentes e axentes dos territorios afectados en relación con: a Importancia cualitativa do tren para os territorios afectados; o impacto social, económico ambiental percibido da eliminación das paradas e as posibles medidas e actuacións para reverter ou mitigar devanditos impactos.
Na recta final do ano temos que agradecer aos que Na recta final do ano temos que agradecer aos que aportaron o seu traballo e colaboración para impulsar unha imaxe positiva do noso destino @turismoprovinciaourense tras a vaga de lumes.

Compartimos esta reportaxe coa que nos agasallou @infortursa_es no seu número de outono impreso en papel de excelente calidade 💚

A provincia de Ourense continúa a ser unha auténtica paraxe para gozar da 🍇 enogastronomía, o patrimonio 🏘️, termalismo 💦 e tamén a 🥾Natureza, na que prima a hospitalidade do tecido turístico, conformado por microempresas e autónomos que contribúen a que o visitante se leve  unha experiencia única e personalizada.

No 2026, tanto para locais coma visitantes, propoñémosche coñecer mais a fondo a #ProvinciadeOurense #OurenseGenuina
GAL: Comezaron as obras de mellora do afloramento GAL: Comezaron as obras de mellora do afloramento termal 💦 da “Fonte de Arcos” no Bañiño de Arcos (Carballiño), no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal.
As obras incluídas neste proxecto comprenden a impermeabilización dun depósito subterráneo onde se orixina a auga termal, a súa drenaxe perimetral superficial e a instalación dun sistema de bombeo 💧manual para garantir o seu uso durante os períodos de escaseza de auga.
Este proxecto está a ser executado pola Deputación de Ourense (@deputacionou ) no marco do convenio coa Axencia de Turismo de Galicia (@turismodegalicia ) e a Secretaría de Estado de Turismo para o PST en Ourense Termal, cuxa xerencia recae no #Inorde.

CAST: 💧Han dado comienzo las actuaciones de mejora del afloramiento termal de la “Fonte de Arcos” en O Bañiño de Arcos (Carballiño) dentro del Plan de Sostenibilidad Turística en Ourense Termal.
Las obras comprendidas en este proyecto comprenden la impermeabilización de un depósito enterrado donde nace el agua termal 💦, su drenaje perimetral superficial y la instalación de un equipo de bombeo manual para asegurar su aprovechamiento en épocas de estiaje.
 Se trata de una actuación ejecutada por la @Deputación de Ourense en el marco del convenio con la Axencia de @Turismo de Galicia y la Secretaría de Estado de Turismos para el PST en Ourense Termal, cuya gerencia recae en el #Inorde

#pstourensetermal
O compromiso coa excelencia turística segue dando O compromiso coa excelencia turística segue dando pasos adiante no xeodestino Terras de Celanova – Serra do Xurés, que suma 9 novos servizos recoñecidos polo Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED), alcanzando así 21 entidades distinguidas.

Fai unha semana celebramos a entrega dos diplomas no Museo da Emigración de Quintela de Leirado, nun acto no que participou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, xunto co alcalde da localidade, José Antonio Pérez, o xefe da Área de Turismo da Xunta de Galicia, Cecilio Santalices, representantes dos concellos do xeodestino e a xerente do Inorde, Emma González.

📌 Entidades distinguidas polo SICTED en 2025:

• Ana Canal Fraga, guía de turismo
• Casa A Xanela Azul, vivenda de uso turístico (Celanova)
• El Ranchito Ecuestre, turismo ecuestre
• Lirios do Xurés: aventura e natureza, turismo activo
• Museo da Emigración A Guinea, museo e centro de interese turístico visitable (Quintela de Leirado)
• Oficina Municipal de Turismo de Celanova, información turística
• Reitoral de Ansemil, aloxamento rural (Celanova)
• A Riquiña Celanova, bar/cafetería
• A Xesta Brava, turismo activo

Estes recoñecementos poñen en valor o esforzo de entidades públicas e privadas que traballan de maneira coordinada para ofrecer servizos profesionais, sostibles e adaptados ás expectativas actuais das persoas visitantes.

Un avance que é posible grazas á colaboración entre o Inorde @deputacionou, a Axencia de Turismo de Galicia e os concellos que integran o xeodestino, reforzando un modelo turístico baseado na calidade e na identidade do territorio.

#INORDE #SICTED #CalidadeTurística #TerrasDeCelanova #SerraDoXurés

@turismodegalicia @celanovaxures
🍇 Xornada Formativa | D.O. Monterrei Hoxe cele 🍇 Xornada Formativa | D.O. Monterrei

Hoxe celebrouse unha nova Xornada Formativa presencial dirixida ás adegas da Denominación de Orixe Monterrei, enmarcada no proxecto Interreg-POCTEP “Ecosistemas Territoriais de solucións sistémicas de economía circular para previr a contaminación”, cofinanciado pola Unión Europea e organizado polo #Inorde @deputacionou, coa colaboración do Consello Regulador da D.O. Monterrei.

📍 A sesión tivo lugar na Casa da Cultura de Verín e tivo como obxectivo formar aos usuarios adscritos ao CRDO Monterrei no uso de ferramentas dixitais para unha xestión máis eficiente e sustentable dos procesos de cultivo.

🌱 Tras o despregamento dunha rede de estacións agroclimáticas no territorio, o sistema permitirá dispoñer de datos específicos para cada parcela, relativos a:
• Predicións meteorolóxicas
• Temperatura ambiente
• Análises de temperatura (variacións e aplicación a distintos criterios)
• Humidade
• Vento, entre outros parámetros

Esta ferramenta facilitará unha toma de decisións máis precisa na aplicación de tratamentos fitosanitarios, optimizando os recursos, reducindo custos e minimizando o impacto ambiental.

👥 Na xornada participaron a xerente do Inorde, Emma González; o presidente do Consello Regulador; Antonio Sainz, técnico de QCampo, empresa adxudicataria do servizo; e Servando Álvarez Pousa, técnico responsable do Centro Agrogandeiro Provincial.

📆 De cara ao vindeiro ano, están previstas novas xornadas formativas dirixidas ao conxunto dos viticultores da D.O. Monterrei, principais beneficiarios desta actuación.
🍇 Xuntanza formativa para adegueiros e viticult 🍇 Xuntanza formativa para adegueiros e viticultores da D.O. Monterrei

O INORDE e o Consello Regulador da D.O. Monterrei convocan unha xornada formativa centrada na información achegada polas estacións meteorolóxicas instaladas na comarca, integradas na rede que servirá de base para o sistema de aviso de pragas e enfermidades na viña.

📅 Venres, 19 de decembro
⏰ 10:00 h
📍 Casa da Cultura de Verín
(Rúa Irmáns La Salle, 32600 Verín)

Esta acción enmárcase na acción piloto de agricultura rexenerativa en viña que desenvolve o INORDE, organismo dependente da Deputación de Ourense, como socio do proxecto europeo
0035_CIRCULAR_ECOSYSTEMS_6_E, do programa INTERREG VI-A España–Portugal, orientado á prevención da contaminación mediante solucións de economía circular.

Un encontro clave para avanzar nunha viticultura máis sostible, baseada no coñecemento, a prevención e a innovación no territorio.

#INORDE #DeputaciónDeOurense #DOMonterrei #Viticultura #AgriculturaRexenerativa #EconomíaCircular #INTERREG #Sostibilidade #Formación #SectorVitícola
O xeodestino Terras de Celanova – Serra do Xuré O xeodestino Terras de Celanova – Serra do Xurés continúa avanzando na aposta pola calidade turística coa incorporación de 9 novos servizos distinguidos polo SICTED, acadando un total de 21 neste territorio.

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe na entrega dos diplomas no Museo da Emigración de Quintela de Leirado, xunto co alcalde desta localidade José Antonio Peréz, o Xefe da Area de Turismo da Xunta de Galicia, rexedores dos municipios do Xeodestino tales como Gomensede, Celanova, A Merca, Cartelle e Lobeira e tamén a xerente do Inorde, Emma González.

👉 Os Servizos distinguidos polo SICTED en 2025 para @celanovaxures son:
• Ana Canal Fraga, guía de turismo 
• Casa A Xanela Azul, vivenda de uso turístico (Celanova)
• El Ranchito Ecuestre, turismo ecuestre 
• Lirios do Xurés: aventura e natureza, turismo activo 
• Museo da Emigración A Guinea, museo e centro de interese turístico visitable (Quintela de Leirado)
• Oficina Municipal de Turismo de Celanova, información turística
• Reitoral de Ansemil, aloxamento rural (Celanova)
• A Riquiña Celanova, bar/cafetería
• A Xesta Brava, turismo activo

Un recoñecemento ao gran traballo e esforzo das entidades públicas e privadas que apostan pola mellora continua, adaptándose ás novas demandas dos viaxeiros e contribuíndo a preservar a identidade do territorio.

Este avance é froito do traballo conxunto entre o Inorde, a Axencia de Turismo de Galicia e os 15 concellos que integran o xeodestino, reforzando Terras de Celanova–Serra do Xurés.

#Inorde #SICTED #TerrasDeCelanova #SerraDoXurés #TurismoDeCalidade #TurismoSostible #OurenseProvincia #Xeodestinos
Onte pechouse na Praza de Abastos do Carballiño o Onte pechouse na Praza de Abastos do Carballiño o ciclo de degustacións de pratos elaborados con #porcocelta organizadas por @porcoceltaasoporcel na provincia de Ourense co apoio da @deputacionou 

O presidente do @inordeourense Rosendo Fernández @roslufe acudiu á degustación que neste caso foi elaborada por @marcovarelachef membro de @cocinaourense e Xefe de Cociña de @sabregorestaurante 

Os petiscos elaborados foron:

1- tataki de presa de porco celta con vinagreta do seu xugo
2- prensado de costela de porco celta con crema de cenoura e laranxa 
3- croqueta líquida de porco celta

Todas as degustacións realizadas en Bande, O Barco de Valdeorras e Carballiño tiveron unha ampla participación, e nelas estiveron presentes criadores, personal técnico de ASOPORCEL e o veterinario responsable do programa de #RazasAutoctonas Bernardino Domínguez
Os primeiros elaborados do #CentroColaborativodeCa Os primeiros elaborados do #CentroColaborativodeCantoña protagonizaron hoxe a feira do 13, mercado tradicional de Paderne de Allariz, o concello que alberga a sé oficial deste proxecto colaborativo. 

Gracias aos visitantes que apreciaron as produccións sostibles transformadas de proximidade.

E tamén a tod@s os interesados en sumarse ao proxecto de Cantoña, o primeiro centro de ámbito provincial destinado a elaboracións de vexetais, Froitos secos e Mel.

#aquihairural @inordeourense @deputacionou @concello_de_paderne
Mañá sábado os produtores de Cantoña estarán Mañá sábado os produtores de Cantoña estarán na Feira do Trece, que se celebra xunto a Casa do concello de Paderne.
Haberá degustación dos produtos elaborados este ano no obradoiro, e a oportunidade de adquirir elaborados a partir das pequenas produccións sostibles e km 0.

🍇🍏Zumes naturais
🍓🍑Compotas
🥒🍆Cremas de verdura
🍯🐝 Mel

#ObradoiroColaborativoCantoña
@concello_de_paderne @inordeourense @deputacionou
O próximo luns 15 de decembro ás 12:00 horas no O próximo luns 15 de decembro ás 12:00 horas no Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial de Quintela de Leirado:

✅ presentaremos as últimas actuacións do Xeodestino Terras de Celanova - Serra do Xures como foi o mosaico de Rutas BTT e de sendeirismo

 ✅ Recibirán o selo de Compromiso de Calidade Turística, os novos servicios SICTED do Xeodestino.

Unha ocasión para poñer en valor o esforzo de quen contribúe a fortalecer e impulsar a calidade turística das Terras de Celanova e da Serra do Xurés.

📍Actuación incluída no convenio entre @inordeourense, @deputacionou e a Axencia de Turismo de Galicia para promover este #Xeodestino en colaboración cos 15 concellos
Gracias @troulanda por compartimos a vosa visión Gracias @troulanda por compartimos a vosa visión para construir un destino de experiencias que deixe pegada nos nosos visitantes 💚

#OurenseTermal #SICTED
🧳 Hoxe presentouse en Ribadavia, #RibeiroSecret 🧳 Hoxe presentouse en Ribadavia, #RibeiroSecreto un novo produto turístico 💚 en formato de “caixa de experiencias” promovido de forma colaborativa entre @novo_rural_galicia e @mirabeleslifestyle co apoio do #Inorde.

📣 Na carpa da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Ribeiro instalada na Alameda durante a celebración de Vilas Vivas, participaron na presentación  a xerente do #Inorde xunto ao alcalde @cesar_ribadavia e o conselleiro de Comercio, José González, entre outros representantes institucionais e por suposto empresarios, comerciantes e propietarios de aloxamentos rurais e a directiva de Novo Rural, cuxa vocería foi Inma Rúa e Rita Iglesias por parte da axencia Mirabeles.

Na web 👉🏻 www.novorural.es pódense adquirir as novas Caixas 💌 que “Regalan Tempo” de Calidade e combinan estancias en aloxamentos 🏡 senlleiros das comarcas de Ribeiro e Carballiño con experiencias turísticas personalizables. 🍇🚤💦🌱
A degustación de mini hamburguesas de porco celta A degustación de mini hamburguesas de porco celta promovida por @porcoceltaasoporcel no #MercadodoXures de Bande foi todo un éxito.

Os pratos foron elaborados por Martín, chef de @bagoa_gastrobar e membro de @cocinaourense 

A alcaldesa de Bande, @sandraquintasvazquez e o veterinario do @inordeourense e técnico responsable do programa de #RazasAutóctonas acompañaron ao director técnico da Asociación de Criadores de Porco Celta na primeira das xornadas que teràn lugar os domingos de decembro nos mercados da provincia de #Ourense co apoio da @deputacionou
Síguenos en Instagram

Facebook

Todo o que precisas nun clic

Razas autóctonas
Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro
Centro Agroforestal
Centro Colaborativo Cantoña
PST Ourense Termal
PST Villas históricas y termales
Turismo Ourense

Accesos directos

Rutas Turísticas

Roteiros turísticos para poidan coñecer a nosa provincia.

MICE Ourense

Espazos únicos para turismo de reunións

BOP

Boletín Oficial Deputación Provincial de Ourense

Memoria de actividades
Memoria de actividades 2022
Subvencións

Subvencións do Inorde

Sede Electrónica

Servizo electrónico da Deputación Provincial de Ourense

Sala de prensa

Fotogalería

Videoteca

Audioteca

Notas de prensa

Redes Sociais
Instagram Facebook

Mapa Web

Rúa do Progreso, 53 – 1º andar
32003 Ourense
Tel. 988 317 930

Horario de atención ao público:
de 8:30h a 14:30h de luns a venres agás festivos.

Procurar

© 2022 Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico - INORDE ·

  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
  • Aviso Confidencialidade Correo
  • Política de Cookies
  • Rexistro Actividades Tratamento