Razas Autóctonas

Obrigas de INORDE

Inorde e o Departamento de Medio Rural da Xunta de Galicia renovan o seu convenio de colaboración para continuar coa execución de determinadas actividades para a conservación “ex situ” dos recursos zooxenéticos autóctonos de Galicia en perigo de extinción como son: a ovella galega, a cabra galega e o porco celta. Mediante a firma deste documento, o Inorde comprométese a manter ditos exemplares, nas instalacións gandeiras da finca Armariz, en Nogueira de Ramuín, polo que deberá dispoñer dun rabaño de ovella galega cun mínimo de 100 femias, outro de cabra galega con 30 femias e porco celta cun mínimo de 16 femias.

Os rabaños complementáranse na época de cubrición cos machos necesarios para a realización de cruces dirixidos de mínima consanguinidade para o mantemento da variabilidade xenética. Para elo, o organismo provincial aplicará un programa de reprodución específico para cada especie para multiplicar o número de animais de cada un. Así mesmo, xestionará o reparto dos animais excedentes entre os gandeiros solicitantes de exemplares destas razas e facilitará o apoio ás asociacións de criadores de razas no mantemento ou creación de bancos de xermoplasta.

O Inorde, como organismo autónomo dependente da Deputación de Ourense, continúa a traballar nunha das tarefas que ten encomendadas de “potenciar o desenvolvemento integrado e equilibrado das zonas rurais da provincia de Ourense a través de diferentes actuacións”, lembrou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández. Entre estas actividades cabe destacar non só este programa de recuperación de razas autóctonas, senón tamén o apoio ao sector gandeiro da provincia a través de formación, asesoramento e investigación que se realiza no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro en Xinzo.

Financiamento

O acordo entrou en vigor dende a súa sinatura e terá efectos ata o 31 de agosto de 2025. O custo total das actividades contempladas neste documento ascende aos 440.000 euros, que serán financiados ao 50% polo Inorde (220.000 euros) e o outro 50% pola Consellería de Medio Rural co que compensará ao Inorde para facilitar a execución destas accións desglosado nas diferentes anualidades. Estes gastos financiaranse con cargo á medida 10.2 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciada no 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), o 7,5% correspondería ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e o 17,5% restante á Xunta de Galicia.

Desta forma, no ano 2023, a Consellería de Medio Rural e o Inorde achegarán 80.000 euros cada un no 2023, a mesma contía no 2024 e 60.000 euros no 2025, facendo un total de 220.000 euros cada administración ata mediados do ano 2025.

O Inorde abre o prazo para adquirir razas autóctonas por parte dos gandeiros.

As bases que regulan a venda destes exemplares foron aprobadas pola Comisión Executiva deste organismo o pasado 15 de febreiro e publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia.

Os animais que se poden adquirir son: Pita de Mos, Porco Celta, Ovella e Cabra Galega

O prezo por unidade dos polos dun día de raza “Pita de Mos” é de 1 euro. Para elo, os interesados deberán ter rexistro de gandaría (REGA).

Bases reguladoras venda animais razas autoctonas

Pita de mos

Pita de Mos, é unha especie en perigo de extinción, estánse criando na finca que a Diputación Provincial de Ourense ten en Valverde-Allariz.

Cabra galega

No caso da ovella e da cabra galega o seu prezo será de 60 euros por animal para as femias maiores de seis meses inscritas …

Porco celta

A venda de porco celta será de lotes máximos por solicitante e ano de porcas xestantes ou porcas de recría 4 unidades, e de verróns, 1 unidade…

Ovella galega

Finca de Armariz – Nogueira de Ramuín